Criterios xerais

Para todas as actividades:
Serán acreditables aquelas actividades que non estean cualificadas como formación regrada, ou/e formación de grao ou posgrao e especialidade.
 
Os títulos oficiais regrados (universitarios, de centros de educación superior ou das administracións públicas) non poderán ser acreditados.
Os módulos que os compoñen poderanse acreditar independentemente, de modo excepcional, cando cumpran os seguintes requisitos:

a) O grupo de participantes no módulo non son unicamente os participantes no título oficial e regrado.
b) A duración do módulo non supera as 100 horas.
c) Que se especifique que o certificado forma parte dun programa máster ou de especialización.
 
Todas as solicitudes incorporarán un anexo onde constará unha declaración sobre os criterios de independencia da actividade e se existe algún conflito de intereses. Non se admitirán as actividades de formación presentadas por entidades comerciais de produtos sanitarios ou relacionados.
 

As solicitudes realizaranse a través de SAGAp e utilizando os formatos normalizados establecidos en cada momento.

É obrigatorio presentar unha enquisa de satisfacción da actividade.

Para actividades presenciais:
1. Descrición da actividade en modelo normalizado.
2. Control de asistencia.
3. Currículo do responsable e os docentes da actividade en modelo normalizado
4. Documentos de avaliación. Obrigatorio enquisa de satisfacción.

Para actividades non presenciais:
1. Descrición da actividade en modelo normalizado.
2. Descrición dos sistemas de seguridade, acceso e control de participación.
3. Currículo do responsable e docentes/titores da actividade en modelo normalizado.
4. Contidos da actividade ou ligazón de acceso a eles.
5. Documentos de avaliación ou ligazón a eles. Obrigatorio enquisa de satisfacción.

Para actividades mixtas:
1. Descrición da actividade en modelo normalizado.
2. Descrición dos sistemas de seguridade, acceso e control de participación para a parte non presencial.
3. Control de asistencia da parte presencial
3. Currículo do responsable e docentes/titores da actividade en modelo normalizado.
4. Contidos da actividade ou ligazón de acceso a eles.
5. Documentos de avaliación. Obrigatorio enquisa de satisfacción.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.