Convocatoria de axudas a Proxectos de Medicina Personalizada de Precisión

 


No B.O.E. de data 13 de xullo do 2022 publicouse o Extracto de Resolución de 12 de xullo da Dirección do Instituto de Salud carlos III pola que se aproba a convocatoria para o ano 2022 de concesión de subvencións a Proxectos de Investigación de Medicina Personalizada de Precisión da Acción Estratégica en Saúde 2021-2023, bajo o PERTE para a Saúde de Vangarda e con cargo a os fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS : 638458

 


O obxecto desta resolución é a concesión de subvencións para fomentar o avance progresivo da Medicina Personalizada de Precisión mediante o financiamento de proxectos que posibiliten o desenvolvemento e implementación no SNS de actuacións clínico-asistenciais que permitan incrementar a precisión en persoas e servizos de saúde dos diferentes procedementos de prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación dispoñibles.



A contía total máxima de esta convocatoria é de 81.500.000 €.


O prazo de presentación de solicitudes é dende o 19 de xullo ata o 11 de agosto de 2022 ás 15 horas( hora galega).


No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución e unhas fichas resumo da convocatoria


 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.