Convocatoria de axudas da Acción Estratéxica en Saúde 2022

No BOE do 9 de febreiro de 2022 publicouse o extracto da Resolución do 7 de febreiro de 2022, da Dirección do Instituto de Saúde Carlos III, O.A., M.P., pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2022 de concesión de subvencións da Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cuxo texto completo se pode consultar na Base Nacional de Subvencións co identificador BDNS 609489.

Os obxectivos destas axudas son:

  • Formación de doutores no campo da Biomedicina e as Ciencias da Saúde, de especialistas en Ciencias da Saúde con formación sanitaria especializada en investigación biomédica, clínica e traslacional e de persoal técnico e de xestores de I+D+i no campo da investigación biomédica.
  • Contratación de doutores e a incorporación aos centros asistenciais do SNS de persoal facultativo con experiencia investigadora, de especialistas con formación sanitaria especializada, titulados universitarios e outro persoal técnico de apoio á investigación no SNS, incluídas as actividades de xestión de I+D+i en Biomedicina e Ciencias da Saúde.
  • Desenvolvemento de proxectos de I+D+i en saúde que favorezan a transferencia de coñecemento ao SNS, proxectos de carácter aplicado para incrementar o grao de madurez do seu desenvolvemento tecnolóxico e proxectos para fomentar a investigación clínica independente.
  • A incorporación de novos grupos de investigación ao Consorcio CIBER.
  • Desenvolvemento de proxectos de colaboración internacional para abordar de forma conxunta e coordinada os grandes desafíos da sociedade, contribuíndo á consolidación do Espazo Europeo de Investigación.

A contía máxima destinada ás axudas ascende a 144.072.170,72 euros.

Os prazos de presentación de solicitudes son:

  1. Para os contratos de xestión en investigación (GIS e FGIN), persoal técnico de apoio á investigación e axudas á mobilidade (M-AES e M-BAE): do 1 ao 22 de marzo de 2022.
  2. Para os contratos Miguel Servet, Miguel Servet tipo II, Juan Rodés, Intensificación e Proxectos e I+D+I en saúde: do 2 ao 23 de marzo de 2022.
  3. Para os contratos Río Hortega e Sara Borrell: do 9 ao 29 de marzo de 2022.
  4. Para os proxectos de desenvolvemento tecnolóxico: do 9 ao 31 de marzo de 2022.
  5. Para os contratos PFIS e i-PFIS: do 17 de marzo ao 6 de abril de 2022.
  6. Para os proxectos de investigación clínica independente e incorporación de novos grupos ao CIBER: do 5 ao 27 de abril de 2022.
  7. Para os proxectos de colaboración internacional: do 25 de outubro ao 8 de novembro de 2022.

Para accederdes á sede electrónica picade aquí.

No lateral dereito dispoñedes da Orde ministerial coas bases, a convocatoria e as fichas resumo da convocatoria.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.