Código Camiño: Hackaton en Saúde para ideas de valor

Participa

 

En que consiste Código Camiño?

En Código Camiño buscamos 16 persoas para traballar xuntos durante 3 xornadas, que acheguen as súas ideas de mellora ao  sistema público sanitario en Galicia.

Este proxecto enmárcase dentro do proxecto Código100, un plan de innovación centrado no envellecemento da sociedade e cuxo modelo de innovación trata de integrar a todos os membros do sistema sanitario. Código 100  está cofinanciado polos fondos do Plan Operativo de Crecemento Intelixente FEDER 2014-2020.

O noso reto.

Identificar necesidades do Sistema Publico de Saúde de Galicia, especialmente no campo do envellecemento e con interese na sustentabilidade. As áreas prioritarias son Reumatoloxía, Oncoloxía, Hematología, Dixestivo e Neurología. Tras identificalas queremos que propongais solucións para estas necesidades, que se poidan desenvolver por empresas mediante Compra Pública Innovadora.

Que buscamos?

Buscamos persoas con experiencia no ámbito asistencial, centros e laboratorios de investigación, empresas tecnolóxicas, enxeñerías, ou que estean a estudar o último curso de medicina.

Como participar?

1. Grabate co teu móbil en posición horizontal.
2. Cóntanos quen es, as túas inquietudes e que che motiva a participar neste proxectos.
3. Se ademais tes unha idea na cabeza, coa que crees que se podería mellorar o sistema de saúde, podes compartila connosco.
4. Sobe o vídeo á aplicación (non te preocupes, os vídeos non serán públicos).

Despois, un grupo de expertos do Sistema Público de Saúde de Galicia seleccionará aos candidatos para participar nesta experiencia.

Dispós ata o venres 28 de febreiro para subir o teu vídeo.

 

Participa

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.