Chaleco desfibrilador externo LifeVest® para la prevención del paro cardiaco súbito.

Este documento foi realizado pola Unidade de Asesoramento Científico-técnico, Avalia-t, unidade dependente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), no marco do financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para o desenvolvemento das actividades do Plan anual de traballo da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS, aprobado no Pleno do Consello Interterritorial do 27 de xaneiro de 2017 (conforme ao Acordo do Consello de Ministros do 1 de decembro de 2017)​.​ 2018

O chaleco desfibrilador externo LifeVest® de ZOLL Medical Corporation, é un dispositivo que monitorea ós pacientes que se atopan en risco de presentar un paro cardíaco súbito, secundario a arritmias ventriculares malignas (taquicardia ventricular ou fibrilación ventricular) que poñen en perigo a vida e que son a principal causa reversible de morte súbita cardíaca.

Consta de tres compoñentes principais, por unha banda, unha peza de roupa que rodea o tórax e que inclúe o cinto de eléctrodos sensores secos, non adhesivos, encargados de detectar ritmos anormais potencialmente mortais, cando isto sucede, o dispositivo alerta o paciente mediante alarmas visuais e sonoras antes de emitir a descarga, se o paciente está consciente permítelle retardar o tratamento. Cando o paciente está inconsciente o dispositivo libera o xel condutor nos eléctrodos provocando unha descarga eléctrica co fin de establecer o ritmo normal. Outro dos compoñentes é un monitor ao que se conectan tamén os eléctrodos e que rexistra continuamente a frecuencia cardíaca para proporcionar datos electrocardiográficos dixitalizados para a súa revisión médica.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.