Termoplastia bronquial en asma persistente grave no controlada

A termoplastia bronquial é un procedemento de ablación das vías respiratorias, cuxo obxectivo é mellorar o control da asma e a calidade de vida. Está indicado para o tratamento da asma grave que non responde o tratamento farmacolóxico habitual, realízase en tres sesións e de forma ambulatoria. A evidencia suxire que a termoplastia bronquial podería ser moderadamente beneficiosa nalgúns pacientes, pero non está exenta de riscos. Durante as primeiras semanas tras a intervención, o risco de complicacións que necesitan hospitalización ou visitas a urxencias é maior que o tratamento farmacolóxico, pero estas diferenzas desaparecen co tempo.​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.