Axudas para persoal técnico de apoio 2021

No BOE do 15 de decembro de 2021 publicouse o Extracto da Resolución do 13 de decembro de 2021, da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria 2021 das axudas para persoal técnico de apoio, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS 599601.

O obxectivo destas axudas é incentivar a contratación laboral de persoal técnico de apoio destinado ao manexo de equipos, instalacións e demais infraestruturas de I+D+i co fin de incrementar e mellorar as prestacións e o rendemento das infraestruturas científico-tecnolóxicas.

A contía máxima destinada a financiar esta convocatoria ascende a 9.000.000 EUR, con cargo ao orzamento de gastos da Axencia Estatal de Investigación para o ano 2023, ou equivalentes de exercicios posteriores.

As solicitudes de participación serán presentadas polas entidades. Previamente á presentación da solicitude, a persoa participante deberá cubrir o formulario electrónico da solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes vai do día 7 de febreiro ao 24 de febreiro de 2022 ás 14:00 horas (hora galega) a través da sede electrónica do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Sen prexuízo do anterior, o prazo para cubriren e asinaren as persoas participantes o formulario electrónico de solicitude será do 7 ao 17 de febreiro de 2022 ás 14:00 horas (hora galega).

No lateral dereito dispoñedes da orde coas bases e a convocatoria e na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria.

Para accederdes á sede electrónica da Axencia Estatal de Investigacion, picade aquí

 

Axudas para persoal técnico de apoio 2021

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.