Actividades multidisciplinares

Considéranse como tales as dirixidas a varios colectivos profesionais diferentes. Deben ser obxecto de acreditación, sempre que reúnan as seguintes características:

    • Materias de carácter transversal para as profesións ás que se dirixe a actividade e no conxunto do programa e contido.
    • Materias nas que se requira, para a actividade asistencial, a aprendizaxe e adestramento de accións conxuntas e coordinadas de varias profesións sanitarias.

En ningún caso se considerarán multidisciplinares aqueles temas que, sendo ocupación de diferentes profesións na práctica profesional, se requira acadar distintos niveis de coñecemento, nin aqueles nos que as distintas profesións dispoñan de diferentes niveis formativos de base.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.