Ablación por láser o radiofrecuencia en el tratamiento del cáncer recurrente de tiroides

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia. 2018.

Avaliar mediante revisión sistemática o tratamento do cancro recorrente de tiroides mediante ablación por láser ou radiofrecuencia en relación coa súa efectividade e seguridade fronte a cirurxía como terapia estándar.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.