5. Estudos de investigación remitidos polos Biobancos para a avaliación de cesión de mostras

Avaliación da cesión de mostras a estudos de investigación:

Remitir todos os documentos en formato electrónico ao buzón: ceimg@sergas.es.

  • Documentos asinados  polo director científico do Biobanco informando das mostras a ceder, estado de identificación das mesmas e a existencia de consentimento expreso dos suxeitos para o seu uso en investigación. Deberán estar asinados dixitalmente (no caso de que non estean deberá remitir o documento coa sinatura manuscrita á dirección postal da secretaría técnica do CEIm G).
  • Protocolo do estudo
  • Informe do CEI que o avaliou (de ser o caso).

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.