P2P: do profesional para o profesional no ámbito asistencial é unha formación complementaria da ACIS baseada en pílulas multimedia sobre coñecementos prácticos no ámbito clínico.
Estes contidos foron elaborados por máis de 100 profesionais do Servizo Galego de Saúde e presentados por eles mesmos de xeito breve e directo en vídeos que se complementan con soporte documental.
- Urxencias e coidados paliativos.
- Cardiovascular.
- Neurociencias.
- Endocrinoloxía e metabolismo.
- Pneumoloxía.
- Pediatría.
- Aparello dixestivo.
- Oftalmoloxía.
- Otorrinolaringoloxía.
- Reumatoloxía.
- Uroloxía.
- Obstetricia e xinecoloxía.
- Psiquiatría.
- Alergoloxía.
- Técnicas médicas.
- Cirurxía maxilofacial e odontoloxía.
- Técnicas de enfermaría.