1. Ensaios clínicos con medicamentos (avaliación coordinada entre AEMPs e CEIM)

Para a avaliación polos comités de ética da investigación de Galicia de un ensaio clínico con medicamentos, a documentación que deberá ser remitida constará de:

1. Avaliación de ensaios clínicos novos.

Remitir todos os documentos en formato electrónico ao portal europeo CTIS​. A documentación deberá axustarse a o establecido no Memorando de Colaboración entre a AEMPS e os CEI (dispoñible na web da AEMPS). Como guía a continuación detállanse os documentos máis relevantes que son obxecto de avaliación polo comité, pero é responsabilidade do promotor revisar a información que se manterá actualizada na páxina web da AEMPS. Para os documentos sinalados cun asterisco, exsiten na web da AEMPS modelos á disposición dos promotores.

  •  Carta de presentación da documentación.
  •  Xustificante de pagamento de taxas ou solicitude de exención delas.
  •  Protocolo, coa estrutura definida no anexo 1 do Regulamento (UE) nº 536/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os ensaios clínicos de medicamentos de uso humano.
  •  Resumo do protocolo en castelán.
  •  Currículo breve dos investigadores principais en España con mención ao coñecemento nas normas BPC e declaración de intereses.
  •  Idoneidade das instalacións de cada un dos centros participantes asinadas polo responsable ou persoa que teña a delegación de cada un dos centros participantes *.
  •  Idoneidade dos investigadores principais asinadas polo promotor *.
  •  Manual do investigador ou ficha técnica do medicamento en investigación.
  •  Procedementos e o material empregado para o recrutamento dos suxeitos do ensaio.
  •  Certificado específico da póliza de seguro *.
  •  Memoria económica.
  •  Copia dos asesoramentos científicos emitidos por algunha axencia de medicamentos, no caso de existir.
  •  Documentos de consentimento informado (folla de información ao paciente e folla de sinaturas).
  •  Declaración do cumprimento da normativa de protección de datos.
  •  Declaración do cumprimento da normativa relacionada coa xestión das mostras biolóxicas *.

2. Avaliación da resposta ás aclaracións solicitadas tras a avaliación inicial.

Remitir todos los documentos en formato electrónico ao portal europeo CTIS. A documentación deberá axustarse ao establecido no Memorando de Colaboración entre a AEMPS e os CEI (dispoñible na web de a AEMPS):

  • Carta de resposta ás aclaracións solicitadas e as novas versións dos documentos do ensaio que resultasen modificados, limpos e con control de cambios.

3. Avaliación de modificacións relevantes.

Remitir todos os documentos en formato electrónico ao portal europeo CTIS.

  • Xustificante de pagamento de taxas ou solicitude de exención delas.
  • Xustificación e contido da modificación así como os documentos do ensaio que resultasen modificados, limpos e con control de cambios.​



Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.