h1

O pasado luns día 26, ACIS reuniu aos 'stakeholders' rexionais do proxecto TITTAN, co obxecto de revisar  o estado de execución do proxecto e a evolución dos traballos,  e planificar con eles o desenvolvemento e participación nas actividades de TITTAN durante os próximos meses.

O proxecto TITTAN ten por finalidade a creación dunha rede de intercambio de innovación e transferencia de tecnoloxía no ámbito do envellecemento, compartindo coñecemento, experiencias e boas prácticas entre as sete rexións europeas participantes. A nivel rexional, o proxecto estrutúrase mediante a participación dos diferentes grupos de interese locais,  desenvolvéndose reunións de traballo periódicas, coordinadas por ACIS, coa presenza do Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), as tres fundacións biosanitarias de Galicia (Fundación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur), o Cluster de Saúde de Galicia, o Cluster Tecnolóxico das Ciencias da Vida (BIOGA) e o Cluster Alimentario de Galicia.
 
Nesta última reunión, repasáronse as boas prácticas presentadas durante os talleres interrexionais celebrados en marzo e maio, en Milán e Amsterdam, respectivamente, no ámbito da segunda das áreas do proxecto (transferencia de innovación dende dentro dos sistemas sanitarios cara a fóra), centrándose especialmente naquelas mais interesantes e susceptibles de adaptar ao marco galego, con obxecto de valorar a realización de visitas de estudo in situ nos próximos meses para dispor dun coñecemento mais profundo das mesmas.

21 JUNIO.png 

 A xuntanza serviu tamén para realizar unha primeira aproximación ás prácticas da terceira das áreas temáticas de TITTAN - unha cidadanía activa para el envellecemento saudable - na que se comezará a traballar a partir de outubro, durante o carto e quinto semestre do proxecto.

Neste sentido, analizouse a participación nos talleres interrexionais que terán lugar en Escocia e Saxonia, nos meses de outubro e febreiro próximos, nas cales se presentarán diversas experiencias de codeseño con pacientes, fomento de estilos de vida mais saudables para a prevención, e educación á cidadanía cara a adquisición de competencias dixitais para o desfrute dos novos avances tecnolóxico-dixitais no sector saúde, na procura do seu empoderamento e autonomía.

TITTAN, que estenderá os seus traballos ata setembro de 2020, deberá culminar na súa segunda fase, dende o último trimestre de 2018, coa elaboración dun plan de acción co fin de importar e implementar en Galicia algunha destas boas prácticas identificadas durante a primeira fase do proxecto.