h1

Esta iniciativa ten como obxectivo incrementar a concienciación e o coñecemento sobre a adherencia terapéutica así como a información para o autocoidado dos pacientes. Por medio desta iniciativa perséguese o desenvolvemento de tecnoloxías, a través de mecanismos de compra pública precomercial, para incrementar a adherencia aos tratamentos, facilitar a xestión e o autocoidado dos pacientes, potenciando as ferramentas que axuden aos enfermos para desenvolver actitudes máis saudables, e ademais, mellorando a comunicación entre os pacientes e os profesionais da saúde.

logoEMP.png 
Socios compradores:
  • Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Galicia (España)
  • Region Midtjylland (Dinamarca)
  • Servicio Aragonés de Salud (SALUD), España
  • Service Numérique de Santé (SESAN), París (Francia) 
 
Outros socios:
  • Kokomo, Healthcare consultancy, Dublin (Irlanda)
  • European Health Futures Forum (EHFF), Reino Unido
  • M&CSaatchi Madrid (España)

 

Orzamento total: 5 Millóns EUR

Novas relacionadas: