Revisión da Guía de Práctica Clínica sobre o manexo da Depresión no adulto (2014) do Programa de GPC no SNS

Guía de Práctica Clínica sobre o Manexo da Depresión no Adulto publicouse no ano 2014, formando parte do Programa de Guías no Sistema Nacional de Saúde. O propósito desta guía era mellorar a atención prestada aos pacientes con depresión no ámbito de atención primaria e hospitalaria, a través de recomendacións, un algoritmo terapéutico, indicadores de calidade e información para pacientes e familiares. O tempo transcorrido desde a súa publicación, a nova evidencia publicada e a magnitude do problema, fan relevante a súa revisión. O obxectivo deste informe é documentar o procedemento para a revisión da vixencia da guía e os principais resultados e conclusións do grupo de traballo.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.