Publicada unha oferta de 2 prazas para titulado/a superior do ámbito das Ciencias da Saúde para traballar no ámbito da avaliación de tecnoloxías sanitarias na Unidade de Asesoramento Científico-técnico. Consulta aquí a convocatoria pública

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.