Presentación do InfoDay da EIT Health celebrado hoxe en Santiago con información sobre os programas de apoio a emprendedores 2023

  • EIT Health é o maior organismo europeo para a innovación en saúde e ten como misión acelerar o emprendemento e a innovación en vida saudable e envellecemento activo, proporcionando novas oportunidades e recursos para o beneficio de todos os cidadáns.
 
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023.- No día de hoxe tivo lugar na Aula Magna do Edificio Profesor Novoa Santos do Hospital Clínico Universitario de Santiago unha xornada informativa sobre os diferentes instrumentos de financiamento e soporte ao emprendemento, organizada pola EIT Health en colaboración coa Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).
 
O acto comezou coa benvida institucional por parte da xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez Masid, e do xerente da ACIS, Antonio Fernández-Campa, na que ambos animaron aos presentes a participar nos diferentes programas e destacaron a aposta pola investigación e innovación en saúde.
 
A primeira das presentacións correu a cargo do doutor Máximo Fraga, director do BioBanco do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Nela introduciu o que é o Biobanco, como funciona e cales son as principais aplicacións para os investigadores e empresas. Ademais, resaltou o carácter solidario (xa que as mostras e tecidos recollidos proveñen de pacientes que deron o seu consentimento) e explicou como os cidadáns podemos contribuír na recolección de mostras biolóxicas. Finalmente, puxo en valor á Rede Galega de Biobancos e ao Biobanco Nacional do Instituto de Saúde Carlos III (BBN-ISCIII).
 
A continuación, Joan Grasas, líder de emprendemento da EIT Health presentou os principais programas de aceleración que se están a ofrecer na actualidade dende a organización europea.
 
A última das intervencións foi a de María de la Fuente, CEO e Cofundadora de Diversa Technologies. Nesta spin-off biotecnolóxica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e do SERGAS tratan de superar as barreiras biolóxicas para producir produtos farmacéuticos eficientes a través de elaboración de formulacións. Ao longo da súa presentación, relatou o xurdimento desta idea de emprendemento científico, a labor que están a desenvolver e como a participación en programas de asesoramento como os de EIT Health contribuíron á expansión e internacionalización de Diversa.
 

PRINCIPAIS PROGRAMAS DE ACELERACIÓN ACTUALMENTE EN MARCHA DA EIT HEALTH
 
Women Entrepreneurship Bootcamp: Formación en empresa e finanzas para star-ups lideradas ou cofundadas por mulleres
https://eithealth.eu/programmes/women-entrepreneurship-bootcamp/
MedTech Bootcamp: Mentoring para emprendedores, start-ups e pemes de MedTech ou Digital Health
https://eithealth.eu/programmes/medtech-bootcamp/
Catapult: Programa de asesoramento para acceso ao financiamento de start-ups ou spin-offs con menos de 50 empregados
https://eithealth.eu/programmes/catapult/
Bridgehead: Programa de asesoramento para acceder ao mercado europeo dirixido a start-ups con menos de 250 empregados con produtos innovadores dentro do marco do Biotech, Medtech ou Digital Health
https://eithealth.eu/programmes/bridgehead/
Patient Innovation Bootcamp: Mentoring e formación para equipos con ideas innovadoras que incorporen polo menos un paciente ou coidador informal
https://eithealth.eu/programmes/patient-innovation-bootcamp/
 
Regulatory Pathways to Market Bootcamp: Programa online sobre reembolsos para emprendedores, start-ups e pemes de MedTech ou Digital Health
https://eithealth.eu/programmes/regulatory-pathways-bootcamp/
User Validation Labs: Programa dirixido a empresas cun produto ou servizo en desenvolvemento (non comercializado)
https://eithealth.eu/programmes/ulabs/
Mentoring and Coaching Network: Mentoring e asesoramento para empresas do sector sanitario que se atopen desenvolvendo produtos innovadores
https://eithealth.eu/programmes/mentoring-and-coaching-network/
Gold track: Mentoring dirixido a empresas do sector sanitario con ambición de expansión global
https://eithealth.eu/programmes/gold-track/
Venture Centre of Excellence: Programa de asesoramento para acceso á financiación para start-ups da rede European Life Science
https://eithealth.eu/programmes/venture-centre-of-excellence/
Innostars Awards: Mentoring e formación para spin-offs e start-ups de países que pertenzan ao EIT RIS con produtos ou servizos que non están no mercado
https://eithealth.eu/programmes/innostars-awards/
 
 
Habilitouse un formulario web para solicitar asesoramento sobre os distintos programas da EIT Health: https://forms.monday.com/forms/8e379112999d8a49e0f77e4766e48273?r=use1
 
Para máis información visitar a páxina web da EIT Health: https://eithealth.eu/

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.