Avalia-t, ACIS participará nas VII Xornadas Científico-técnicas RedETS (RedETS’ week), a Rede española de axencias de avaliación de tecnoloxías. Este ano, organización recae sobre Osteba, o servizo de avaliación de Euscadi, ao exercer a Presidencia Anual da Rede Española de Axencias, RedETS.
O lema escollido para as xornadas é: O rol da Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias en tempos de pandemia. O venres, 27 de novembro, terá lugar unha mesa de debate en aberto que recollerá as perspectivas de diferentes ámbitos sobre a pandemia e o papel da avaliación.
Estas xornadas permiten ao persoal das axencias compartir experiencias e métodos e tamén axudan a difundir a actividade que neste ámbito desenvolve a rede e as diferentes axencias. Este ano, o formato virtual das xornadas permitirá chegar a máis axentes de interese, como pacientes, profesionais clínicos, desarrolladores de tecnoloxías sanitarias ou técnicos de axencias do ámbito iberamericano.
O programa e a inscrición pode realizarse dende
aquí.
Para descargar o programa completo en pdf pinche na imaxe