Rexístrate no terceiro dos workshops do proxecto TITTAN Covid-19 para o vindeiro 21 de xuño

Trátase do terceiro dos tres workshops do proxecto TITTAN Covid-19 que mostra boas prácticas que se  implementaron e foron esenciais na loita contra a Covid-19 nas rexións europeas de Galicia (Coodinadores do proxecto), País Vasco, Saxonia, Lombardía e Escocia. Nesta ocasión, o socio organizador do evento é a Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias (BIOEF).

Data: 21 xuño 2022 Online

15:00 (GMT+1) Benvida e introducción
 
15:10 Sesión 1 Boas prácticas Saxonia e País Vasco
Saxonia: Video consulta con asistencia.
País Vasco: Osasun Eskola, materiais educativos.
País Vasco: Paciente activo -  modalidade online COVID19.
País Vasco: Consello Sanitario.
País Vasco: Pilotaxe de videoconsultas. Marco da necesidade.
País Vasco: Caso práctico. Videoconsultas en Osaren.
16:20 Preguntas
 
16:30 Sesión 2 Boas prácticas Escocia, Galicia e Italia
Escocia: DYNAMIC-SCOT COPD.
Escocia: Connecting Scotland.
Galicia: Boas prácticas desde as farmacias comunitarias durante a pandemia.
Galicia: Xestión do material de protección en tempos de Covid-19: retos e solucións
Italia:  Organización e compromiso dos pacientes, Asociación de Saúde da Muller.
Italia: Rediseño das prácticas de intervención do voluntariado en oncoloxía - Voluntariado 3.0.
17:20 Preguntas

17:30 Peche evento a cargo do Coordinador do proxecto TITTAN Covid-19, a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.
 

TITTAN Covid-19
 
O proxecto ten como obxectivo establecer unha rede de intercambio de coñecemento con outras rexións europeas para potenciar a innovación e a transferencia de tecnoloxía no ámbito da saúde. O proxecto finánciase a través do Programa Interreg Europe a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
 
Socios:
  • Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Galicia (España) - coordinador
  • Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias (BIOEF), Euskadi (España)
  • Fondazione Regionale per a Ricerca Biomedica (FRRB), Italia
  • Healthy Saxony (HS), Alemania
  • Digital Health & Care Innovation Centre (DHI), Edimburgo (Reino Unido)

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.