A innovación fai posible que o coñecemento xerado no ecosistema de saúde chegue:
- ao paciente, en forma de novas técnicas de diagnóstico e tratamento e fórmulas asistenciais avanzadas.
- ao mercado, xerando beneficios económicos que reverten en máis recursos para o Servizo Galego de Saúde.
A Axencia de Coñecemento en Saúde participa neste proceso cunha visión innovadora que integra a todos os axentes do sistema sanitario -desde os profesionais aos provedores-, que recolle as mellores prácticas a nivel internacional e que se alía cos partners máis afíns aos intereses de Galicia neste ámbito.
Para logralo a Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria busca incrementar a visibilidade do sistema público de saúde de Galicia mediante o establecemento de redes e relacións de intercambio de coñecemento para ter ao alcance outras experiencias de ámbito europeo /global.