Coronavirus: Que di a evidencia?

A Unidade de Asesoramento Científico-Técnico da Axencia de Coñecemento en Saúde (Avalia-t) consciente de que a evidencia crible e obxectiva debe informar cada decisión importante na atención sanitaria, ofrece unha serie de recomendacións e recursos baseándose na mellor evidencia dispoñible.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.