Presenta a túa candidatura aos premios ás mellores prácticas en medicina personalizada organizado polo consorcio do proxecto Regions4PerMed

Os avances científicos e tecnolóxicos poden transformar os sistemas nacionais de saúde e mellorar os resultados para os pacientes. As rexións son as novas incubadoras para facilitar a adopción dunha saúde personalizada sustentable.

Unha das principais actividades do Proxecto europeo Regions4PerMed é recompilar e difundir aquelas prácticas que consigan impulsar a implantación da medicina personalizada a nivel rexional. O Premio ás Mellores Prácticas pretende dar maior visibilidade aos actores europeos (academia, industria e sociedade civil) que máis están a contribuír e que, por tanto, poden servir de modelo para os stakeholders que pretendan avanzar neste campo.

O contido das boas prácticas deberá enmarcarse nunha das seguintes categorías:

  • Big data, historia clínica electrónica e gobernanza sanitaria
  • Tecnoloxía sanitaria e atención conectada e integrada
  • Personalización da industria sanitaria
  • Fluxo de innovación na atención sanitaria
  • Abordar os aspectos éticos, económicos, xurídicos e sociais da medicina personalizada

As boas prácticas con maior puntuación gañarán o premio na súa correspondente categoría. Ademais, os gañadores e finalistas serán convidados á Conferencia final do proxecto Regions4PerMed que se celebrará en Bruxelas o 21 e 22 de marzo de 2023, onde se lles renderá homenaxe nunha cerimonia de entrega de premios. A maiores, publicarase na páxina web do proxecto e nas respectivas redes sociais do consorcio un resumo das 5 mellores boas prácticas.

Os prazos máis relevantes da convocatoria son os seguintes:

  • Publicación da convocatoria: 28 de outubro de 2022
  • Prazo de convocatoria: 18 de xaneiro de 2023
  • Avaliación por revisores: 31 de xaneiro de 2023
  • Comunicación de resultados: 15 de febreiro de 2023
  • Cerimonia de entrega de premios ás mellores prácticas: 21 e 22 de marzo de 2023

Só se admitirán as boas prácticas que se envíen a través do formulario dispoñible na web de Regions4PerMed e o único idioma admitido será inglés. Aquí tamén poderán atopar o documento da convocatoria e o formulario de solicitude (Word).​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.