Mastermind

Management of mental health diSorders Through advancEd technology and seRvices-telehealth for the MIND

O proxecto ten como obxectivo a xestión de trastornos de saúde mental a través de tecnoloxías e servizos avanzados, baseados na telemedicina. En concreto, búscase implantar servizos de tratamento cognitivo-condutual informatizado para adultos con depresión baseados na práctica da evidencia en varias rexións europeas.

A Consellería de Sanidade e o Sergas participan no MasterMind achegando pacientes galegos para a realización dos proxectos piloto de terapia cognictivo-condutual asistida por ordenador.

Micro_4-MasterMind_GA_810x169 (1).png 

Máis información:

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.