Crioterapia para la prevención de la neuropatía periférica secundaria a quimioterapia. Dispositivo para el enfriamiento de manos y pies

Este documento é unha ficha de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias Novas e Emerxentes. O seu obxectivo é proporcionar a información dispoñible que permita que a avaliación poida facerse nunha fase temperá da aparición dunha técnica, tecnoloxía ou procedemento, que se prevé vai ter impacto na calidade de vida e no sistema sanitario. Contribúese así a facilitar a toma de decisións sobre a incorporación das tecnoloxías novas e emerxentes no sistema sanitario, cando corresponda levala a cabo.
Esta ficha de avaliación de tecnoloxías emerxentes avalía o grao de desenvolvemento da crioterapia para a prevención da neuropatía periférica secundaria a quimioterapia (CIPN, siglas en inglés). A ficha analiza aspectos relativos á efectividade (en variables como dor ou calidade de vida), a seguridade ou os custos. A evidencia é ampla, mostrando que o uso de crioterapia podería previr ou diminuír a gravidade dos síntomas da CIPN. Con todo, hai que destacar a limitación no uso do dispositivo que supón a baixa tolerancia por parte dos pacientes á crioterapia mediante luvas e calcetíns conxelados. Novos dispositivos con maior control da temperatura (refrixeración líquida e criocompresión) están en desenvolvemento, o que poderá axudar a mellorar o papel da crioterapia na prevención da CIPN.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.