No B.O.E. de data 24 de abril de 2021 publicouse o extracto da convocatoria 2021 de axudas a proxectos de I+D+i en liñas estratéxicas, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS ( clic AQUÍ).
Trátase dunha nova convocatoria de axudas da Axencia Estatal de Investigación ( AEI) incluída no Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023 e no Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (Plan de Recuperación), cuxa finalidade é dar resposta aos desafíos identificados nas prioridades temáticas ( topics), recollidas no anexo II, mediante o financiamento de proxectos cunha dimensión inter e/ou multidisciplinar relevante, nos que a cooperación científica público-privada sexa constitutiva e valórese o solapamento entre disciplinas a nivel metodolóxico, conceptual ou teórico.
Así mesmo, preténdese dar impulso aos avances no campo de aplicación ao que se dirixen os proxectos, tanto no ámbito científico como no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. As prioridades temáticas recóllense en 23 liñas estratéxicas en diferentes ámbitos científicos e tecnolóxicos.
Na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumen da convocatoria.