Convocatoria 2021 de axudas a proxectos I+D+i para a realización de probas de concepto da Axencia Estatal de Investigación

No B.O.E. de data 27 de abril de 2021 publicouse o extracto da convocatoria 2021 de axudas a proxectos de I+D+i para a realización de probas de concepto, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador  BDNS: 556969. 

Trátase dunha nova convocatoria de axudas da Axencia Estatal de Investigación ( AEI) incluída no Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2017-2020 e no Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia de España (Plan de Recuperación), do Mecanismo de Recuperación e  Resiliencia da UE.

Estas axudas teñen como finalidade fomentar e acelerar a transferencia de coñecementos e resultados xerados en proxectos financiados pola  AEI, así como a explotación dos mesmos como produtos, bens, aplicacións ou beneficios para a economía, a sociedade, a cultura, ou as políticas públicas. 

Na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumen da convocatoria.​​

Convocatoria 2021 de axudas a proxectos I+D+i para a realización de probas de concepto

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.