A comunidade PROCURE4HEALTH reúnese en Málaga para seguir traballando no apoio ás organizacións sanitarias europeas

  • Un total de 33 organizacións de 15 países, entre elas ACIS e o SERGAS, reuníronse os días 10 e 11 de outubro en Málaga cun obxectivo común: impulsar a compra de innovación no sector sanitario.
Málaga, 11 de outubro de 2022.- O proxecto Procure4Heatlh, financiado pola Comisión Europea e coordinado polo Servicio Andaluz de Salud, pretende construír a maior comunidade europea de compradores de innovación no sector sanitario. Con este fin, promoverá actividades que van dende o intercambio de coñecementos e o desenvolvemento de capacidades no ámbito da compra pública innovadora (CPI), ata a creación de redes e o establecemento de contactos entre os seus membros. As leccións aprendidas compartiranse cos responsables políticos pertinentes a nivel europeo, nacional e rexional para mellorar as actuais políticas de contratación de innovación.
 
O obxectivo do evento, celebrado os días 10 e 11 de outubro en Málaga e que contou ca participación do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), era comprender as necesidades de apoio das organizacións sanitarias europeas para aproveitar o potencial da contratación de innovación e crear unha folla de ruta clara para a comunidade Procure4Health.
 
A contratación pública da UE, que representa mais do 14% del PIB, podería crear un enorme mercado de produtos e servizos innovadores, pero o seu potencial neste ámbito segue infrautilizado. No sector da sanidade, a contratación de innovación podería redundar nunha mellor atención sanitaria para os doentes e maior eficiencia dos sistemas sanitarios actuais, aforrando custos e mellorando os resultados da atención sanitaria. Por isto, a Comisión Europea segue apoiando a innovación na sanidade como solución aos retos que a sociedade terá afrontar no futuro.
 
Estas dúas intensas xornadas de traballo deron como resultado un profundo debate e o codeseño das actividades que esta comunidade ofrecerá aos seus membros, establecendo como principais prioridades: reforzar as competencias no ámbito da CPI para promover unha sanidade máis ecolóxica e resistente ás emerxencias e xerar unha comunidade sostible.
Ligazóns asociadas
Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.