4. Rotacións externas

As rotacións externas son os períodos formativos autorizados polo Sergas que se desenvolven en centros ou dispositivos non previstos no programa de formación nin na acreditación outorgada ao centro ou unidade docente.

A autorización de rotacións externas require:
  • Que sexan precisas para a ampliación de coñecementos ou para a aprendizaxe de técnicas non practicadas no centro ou unidade e que, segundo o programa de formación, sexan necesarias ou complementarias a este.
  • Que se realicen preferentemente en centros acreditados para a docencia ou en centros nacionais ou estranxeiros de recoñecido prestixio.
  • Nas especialidades de catro ou máis anos de duración, que non supere os catro meses continuados dentro de cada período de avaliación anual nin os 12 meses no conxunto do período formativo da especialidade de que se trate.
  • Nas especialidades de un, dous ou tres anos de duración, que non supere os dous, catro ou sete meses, respectivamente, no conxunto do período formativo da especialidade de que se trate.
  • Que a xerencia do centro de orixe se comprometa expresamente a continuar aboando ao residente a totalidade das súas retribucións, incluídas as derivadas da atención continuada que realice durante a rotación externa.
  • Que a comisión de docencia de destino manifeste expresamente a súa conformidade, a cuxos efectos se terán en conta as posibilidades docentes do dispositivo onde se realice a rotación.
  • Non se tramitarán nin autorizarán rotacións externas no primeiro ano de formación, agás en especialidades de 1 ou 2 anos de duración.

Documentación que se debe presentar:
  1. Instancia do residente solicitando a rotación, indicando as datas e o centro e/ou unidade onde se vai realizar.
  2. Informe motivado do titor, coa conformidade do xefe de servizo onde estea situada a unidade docente, especificando os obxectivos da rotación e xustificando a elección do centro e/ou unidade para realizala.
  3. Informe favorable da Comisión de Docencia.
  4. Compromiso expreso do xerente de continuar aboando ao residente a totalidade das retribucións, incluídas as derivadas da atención continuada.
  5. Informe de aceptación do centro de destino refrendado pola Comisión de Docencia (se existe).

As solicitudes presentaranse perante o Servizo Galego de Saúde, con dous meses de antelación ao inicio da rotación, para a súa autorización.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.