O promotor e/ou investigador principal do estudo debe remitir, cunha periodicidade mínima anual, un informe de seguimento, sen prexuízo de que o comité de ética da investigación correspondente poida solicitar informes cunha periodicidade inferior. Ademais, debe remitir o informe final de resultados cando estea finalizado.
Co obxectivo de obter unha información o máis semellante posible dos diferentes estudos de investigación, elaborouse un formulario que serve como modelo para a elaboración dos
informes de seguimento.