P2P Asistencial

P2P: do profesional para o profesional no ámbito asistencial é unha formación complementaria da ACIS baseada en pílulas multimedia sobre coñecementos prácticos no ámbito clínico.

Estes contidos foron elaborados por máis de 100 profesionais do Servizo Galego de Saúde e presentados por eles mesmos de xeito breve e directo en vídeos que se complementan con soporte documental.

Micro_Formacion_2-P2P-Asistencial_GA_577x77.png 



Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.