Estes informes enmárcanse nos obxectivos do
Plan de protección da saúde fronte ás pseudoterapias, promovido polo Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Ciencia e Innovación. O seu obxectivo é dar información á cidadanía, sobre efectividade e seguridade de tratamentos e intervencións, que axude a unha toma de decisións baseada en probas científicas.
Avalia-t elaborou o informe sobre a efectividade da terapia de ventosas. Esta terapia consiste na aplicación de ventosas (copas), habitualmente de cristal, sobre a pel en diferentes puntos do corpo. Nas indicacións avaliadas no informe (patologias non osteomusculares como hipertensión, dismenorrea ou virus do herpes zoster) a terapia non é efectiva, polo que a recomendación é non utilizala.
Consulta
aquí o informe completo.
Outros informes publicados previamente sobre magnetoterapia estática, a dieta macrobiótica, a masaxe tailandesa e a sanación espiritual activa pódense consultar
aqui.