Convocatoria de axudas a Infraestruturas e Equipamento científico-Técnico

No B.O.E. de data 14 de xullo de 2022 publicouse o Extracto da Resolución de 12 de xullo de 2022 da Dirección do Instituto de Saúde CarlosIII pola que se aprobra a convocatoria para o ano 2022 de concesión de subvencións para axudas dentro do Subprograma Estatal de Infraestrutras e Equipamento Científico-Técnico da Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023, con cargo ós fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS : 638771


As propostas que se presenten deberán coincidir con algunha das seguintes actuacións:

    • Infraestruturas Científicas Singulares do Sistema Nacional de Saúde.
      
        ◦ Obxectivo: A adquisición e o desenvolvemento de grandes infraestruturas científicas que permitan a xeración dun salto cualitativo na producción científica.
          
      
    • Adquisición de Equipamentos e Infraestruturas científico-técnicas.
      
        ◦ Obxectivo: A adquisición de infraestructuras e equipamentos científicos co fin de fortalecer as capacidades de investigación dos grupos de investigación  que permitan mellorar o seu rendemento científico.
          

A contía máxima destinada para estas axudas é de 15.000.000€.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 21 de xullo ata o 17 de agosto de 2022 ás 15 horas (Hora galega)

No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución e unhas fichas resumo da convoctoria
      

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.