Convocatoria de Proxectos Xeración de Coñecemento e Actuacións para a Formación de Persoal Investigador Predoutoral 2022

No B.O.E. de data 3 de xaneiro de 2023 publicouse o Extracto da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se aproba convocatoria 2022 de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento» e a actuacións para a formación de persoal investigador predoctoral asociadas aos devanditos proxectos, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 662668


O obxectivo da presente convocatoria é financiar a realización de proxectos de investigación dirixidos tanto a fomentar a xeración e o avance significativo do coñecemento científico e a investigación de calidade contrastada como a avanzar cara á procura de solucións aos desafíos da sociedade. Así mesmo, poderanse financiar actuacións encamiñadas á formación de persoal investigador predoctoral mediante a realización dunha teses doutoral asociadas aos proxectos de investigación mencionados.

Así mesmo estas axudas teñen como finalidade o financiamento das seguintes modalidades de proxectos, incluídos no Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento:

a) Proxectos de «Investigación Non Orientada». Trátase de proxectos sen orientación temática previamente definida, e teñen como obxectivo primordial o avance do coñecemento, independentemente do horizonte temporal e o seu ámbito de aplicación.

​b) Proxectos de «Investigación Orientada». Os proxectos están orientados á resolución de problemas concretos e vinculados ás prioridades temáticas asociadas aos grandes desafíos da sociedade, que se recollen no anexo III.

Dentro das modalidades indicadas, os proxectos poderán ser de dous tipos, dependendo do perfil de investigador/a principal que lidere o equipo de investigación:

a) Proxectos tipo A, liderados por mozos investigadores/as.

b) Proxectos tipo B, liderados por investigadores/as consolidados/as.

O prazo de presentación das solicitudes será dende o 10 de xaneiro ata o 31 de xaneiro de 2023 ás 14:00 horas (hora peninsular española).

No lateral dereito dispoñedes dun acceso á Convocatoria, ao Extracto da Convocatoria e as fichas resumo da Convocatoria.​​​​​​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.