Convocatoria 2021 de axudas ás accións de dinamización «Europa Excelencia» da Axencia Estatal de Investigación

No B.O.E. de data 1 de xuño de 2021 publicouse o extracto da convocatoria 2021 de axudas ás accions de dinamización «Europa Excelencia», cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador  BDNS: 552693 (clic AQUÍ)

Trátase dunha nova convocatoria de axudas da Axencia Estatal de Investigación (AEI) incluída no Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i, Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.

Estas axudas teñen como finalidade mellorar o éxito da participación española nas convocatorias do Consello Europeo de Investigación, nas modalidades de «Starting Grants» e «Consolidator Grants» 

Nesta convocatoria só poden participar os proxectos que xa foran presentados na convocatoria 2020 das referidas modalidades e seleccionados polo Consello Europeo de Investigación. O prazo de presentación de solicitudes é do 10 ao 24 de xuño do 2021 ás 14:00 h.

Na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria.
Convocatoria 2021 de axudas ás accións de dinamización «Europa Excelencia» da Axencia Estatal de Investigación

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.