Auditoría das actividades acreditadas

As actividades acreditadas poderán ser auditadas en calquera momento polo Sistema Acreditador autonómico mediante o procedemento regrado.

A auditoría debe servir para verificar o grao de adecuación do desenvolvemento e execución da actividade, segundo a proposta formal presentada polo provedor a través do formulario, co obxectivo de comprobar o cumprimento dos criterios de calidade esixidos.

Durante o período de dous anos, o organizador/provedor debe ter dispoñible a seguinte información: 

  • Programa definitivo: constarán as datas, lugar de realización e horario definitivo.
  • Listaxe de persoas participantes: como mínimo nome, apelidos e profesión.
  • Relación de persoas participantes ás que se lles expediu o diploma ou certificado.
  • Sistema de control de asistencia/participación: copia do modelo utilizado e cuberto polos participantes ou informe de participación en caso de sistemas telemáticos.
  • Listaxe de docentes e titores.
  • Material didáctico entregado ao alumnado, con identificación dos autores.
  • Modelo de avaliación empregado da actividade, dos contidos, dos titores...
  • Modelo de diploma emitido.
  • Resultados da enquisa de satisfacción.

As auditorías poden ser de dous tipos:

a) Documentais: cando a Secretaría Técnica lle solicita á entidade provedora, despois da impartición do curso, calquera documento que sirva para comprobar a coincidencia entre o solicitado e o realizado.

b) In situ: cando a Secretaría Técnica confirma, na sede do provedor ou no lugar de realización da actividade, a coincidencia entre a información da solicitude e o seu desenvolvemento.

 

Xa que as resolucións de acreditación están condicionadas ao cumprimento da normativa vixente e dos requisitos e da información esixida polo Sistema, as consecuencias das posibles faltas ou irregularidades detectadas na auditoría, dependendo do grao do incumprimento, poden dar lugar ao apercibimiento de corrección ou rectificación dirixido ao provedor ou á anulación ou suspensión da acreditación da actividade.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.