Rural Supplies

Sustentable solutions for very small water supplies

O obxectivo deste proxecto é fortalecer o mantemento da subministración de auga en pequenas poboacións de comunidades rurais dispersas, garantindo en todo momento a súa calidade para o consumo humano. Tamén se busca iniciar o desenvolvemento de accións innovadoras de carácter demostrativo que melloren a subministración mediante sistemas de abastecemento descentralizados.

O beneficio que se espera obter deste proxecto é a mellora da calidade da auga de consumo humano en núcleos de poboación pequenos que non están obrigados a cumprir a normativa que regula este tipo de augas.

A Consellería de Sanidade participa no proxecto coordinando a súa xestión xunto co Concello de Abegondo, co compromiso de elaborar e implementar un programa de control e xestión dos pequenos abastecementos rurais, así como a análise e avaliación dos sistemas de abastecemento en núcleos de poboación pequenos.

Micro_8-Rural-Supplies_GA_810x169.png 

Máis información:

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.