Proxectos

A Axencia de Coñecemento en Saúde explora continuamente fórmulas innovadoras para transferir o coñecemento xerado polos profesionais e axentes do sistema público sanitario ao mercado e á práctica clínica.

Como resultado, puxéronse en marcha dous programas sen precedentes en Galicia e coa vocación de se converter en referentes de boas prácticas a nivel internacional.

Mediante fórmulas diferentes, ACIS explora un obxectivo común: identificar os mellores proxectos de investigación con proxección comercial e con potencial para marcar un verdadeiro salto cualitativo no coidado da saúde das persoas.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.