A estratexia de valorización da investigación sanitaria de ACIS desenvólvese nun marco de colaboración, cooperación e comunicación con todos os axentes que forman parte do Ecosistema de Investigación e Innovación Sanitario Galego.
Obxectivos. A estratexia de vertebración multicéntrica de ACIS pretende:
- Ampliar o catálogo de servizos de apoio aos investigadores para a transferencia dos resultados.
- Obter sinerxías e economías de escala para a execución de proxectos de alto impacto.
- Compartir novas medidas de promoción da investigación.
Carteira de servizos. As liñas de apoio á transferencia de ACIS desenvólvense dun xeito coordinado cos institutos e coas fundacións, incluíndo:
- Servizos técnicos especializados. En coordinación cos institutos e coas fundacións, ACIS deseña e executa as estratexias máis axeitadas de valorización de proxectos e ideas, sempre coa perspectiva da súa implantación na práctica sanitaria. ACIS traballa para ofrecer servizos técnicos especializados aos investigadores. Estes inclúen a asesoría de patentes, a vixilancia tecnolóxica, a asesoría legal, a valorización de tecnoloxías, a parte regulatoria e calquera outro aspecto necesario para acadar os obxectivos establecidos.
- Promoción da protección da propiedade intelectual. En colaboración coas fundacións galegas de investigación biomédica, ACIS traballa na implantación de boas prácticas para a identificación e xestión dos dereitos de propiedade intelectual e industrial. Isto inclúe a interlocución cos departamentos administrativos de ámbito autonómico con competencias na xestión de resultados e convenios de investigación.